Viticultura Heróica
A contorna Os viñedos A adega Os viños Visitas Contacto Actualidade Tenda Online
Regina Viarum, un nome con historia

A actividade vitivinícola da Ribeira Sacra ten a súa orixe na época da dominación romana. Dícese que unha vez esgotados os xacementos de ouro na rexión das Médulas e, na procura dun rendemento económico das provincias conquistadas, os románs mudáronse ás beiras do río Sil para principia-la plantación de uva e elaboración do viño que enviaban a Roma. Hoxendía aínda podemos disfrutar das lembranzas desta civilización, como os restos dunha calzada romana que se atopa nas inmediacións da Adega.

Coa invasión dos Godos perdeuse a tradición do cultivo da vide, que non se recuperou deica o ano 1100-1200, onde a raíz da concesión dos dereitos de paso do río Sil á Igrexa, volveu retormarse o cultivo da vide. A profusión de ermitas ó longo de río motivou que sobre esa mesma época se lle comezara a chamar a esta rexión “La Ribeira Sacra”.

Desta milenaria orixe parte a elección do nome da nosa Adega: Regina Viarum, nome có que os románs referíanse á raíña dos camiños: A Vía Appia. Unha homenaxe aos homes que nos aprenderon o amor ao viño e a unha terra que despois de máis de 2.000 anos de historia aínda continúa sorprendendo ao mundo cós seus viños.

As Adegas Regina Viarum están situadas no lugar de Doade, municipio de Sober, en Lugo. De recente construcción, mantén no seu deseño elementos de construcción tradicional da zona e está dotada cós equipamentos enolóxicos da máis alta calidade. Arrodeada dos nosos bancais milenarios, un contorno de tradición e de aprecio pola nosa historia.

Cuñas de radio
Viticultura heróica
O esforzo ten outro sabor
Anuncio TV

Enlaces de interés
Máxima Puntuación Guía Peñin 2007 Glosario do viño HGA - Os nosos outros viños Díptico Turístico Catálogo HGA - Os nosos outros viños
| | Seleccione idioma / Choose language Inicio | A contorna | Os viñedos | A adega | Os viños | Viños Mencía | Viños Godello | Visitas | Contacto | Actualidade | Tenda Online  Facebook