Viticultura Heróica
A contorna Os viñedos A adega Os viños Visitas Contacto Actualidade Tenda Online
O viñedo

A contorna:
Adegas Regina Viarum están situadas no corazón da zona de Amandi, adscritas á denominación de orixe Ribeira Sacra. Esta zona ten unhas características orográficas e climáticas que a fan especialmente adecuada para o cultivo da vide e para a elaboración de viños de alta calidade. Cunha orientación sur-suroeste, as cepas están protexidas dos ventos fríos do norte e o sol baña os bancales durante todo o día. A pedra quentada polo sol durante o día atenúa a baixada de temperaturas nocturna evitando as xeadas. O cultivo en bancales fai que as cepas, cando chove, recollan a auga necesaria, xa que non se apoza pois segue o seu curso ata chegar ao río. Estas características son as que diferencian á uva mencía de Amandi das outras denominacións e subzonas da Ribeira Sacra.

Os viñedos:
Nas 20 hectáreas plantadas e nos viñedos controlados aos que lles compramos a uva, realizamos un arduo labor en viticultura, sendo orientada pódaa polos nosos expertos agrónomos para conseguir menores rendementos pero maior calidade de uva, realizando controis de maduración ( azucre, acidez total, puntos de cor e índice de polifenoles), parámetros básicos para os nosos viños.

Dedicando sempre un especial coidado ao viñedo pois a uva é a base para elaborar o noso viño.

Para poder ver el video necesitas tener instalado Adobe Flash Player y tener habilitado el Javascript del navegador
Cuñas de radio
Viticultura heróica
O esforzo ten outro sabor
Anuncio TV

Enlaces de interés
Máxima Puntuación Guía Peñin 2007 Glosario do viño HGA - Os nosos outros viños Díptico Turístico Catálogo HGA - Os nosos outros viños
| | Seleccione idioma / Choose language Inicio | A contorna | Os viñedos | A adega | Os viños | Viños Mencía | Viños Godello | Visitas | Contacto | Actualidade | Tenda Online  Facebook