O viño
|
• Nas nosas adegas prima o sentimento da conservación do método tradicional de elaboración do viño, pois é a uva e a terra a que determina o seu carácter.
• En Regina Viarum elaboramos dúas marcas de viño seguindo paso a paso as directrices explicadas anteriormente:
• A uva seleccionada sitúase en depósitos de 5.000 e 10.000 litros, onde se macera e elabora de distinta forma á habitual da zona: moita maceración, bazuqueos manuais, control de fermentación a temperaturas algo máis elevadas (20-25) e descube aos 7-10 días de acabada a fermentación, deste xeito conseguimos máis cor, máis extracto, estrutura e corpo en boca, en definitiva un viño longo en boca.
• Partindo da mesma uva aplicamos un sistema de elaboración máis tradicional da zona, que consiste en: menos maceración, temperatura de fermentación máis baixa (19-21) e descube cedo ás veces sen terminar totalmente a fermentación, isto lévanos a conseguir un viño cunhas características distintas, con menos cor, algo máis vermello e aromas máis afrutados. En boca máis suave, menos estrutura e corpo, como é tradicional nos viños de Amandi e Ribeira Sacra.
|
 |
 |
|
|